sábado, 23 de abril de 2016

Celebración do Día do Libro

Esta tarde as nosas compañeiras da asociación Rosa e Carmen María participaron no acto que co gallo da celebración do Día do Libro a Concellería de Cultura de Redondela desenvolveu na Praza da Constitución. 

Admirádevos do preciosas que estaban



Tras unhas breves palabras do concelleiro, Javier Alonso, ambas leron dous pequenos textos: Rosa o Soneto 116 de William Shakespeare e Carmen María a Carta de Don Quijote a Dulcinea de Miguel de Cervantes.



Non estaría mal facer unha enquisa para dilucidar
cal das dúas opcións é a máis romántica ;)

De seguido, procedeuse a destapar un cubo didáctico con información moi interesante relativa a propia conmemoración do Día do Libro e ás figuras de Cervantes e Shakespeare.



E como peche do acto, unha sentida interpretación da peza Negra sombraXoán Montés Capón (Lugo 1840-1899) uniu ao poema de Rosalía de Castro un alalá recollido na Cruz do Incio– por parte dunha saxofonista da Banda de Música de Chapela.



Máis fotos no álbum do Facebook